Novas >> BIRMANIA: non se permite a adopción por estranxeiros
Novas
08/02/2011
BIRMANIA: non se permite a adopción por estranxeiros
Segundo recente información recibida do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, con motivo do estudo da posibilidade de adopción internacional en Birmania, as autoridades deste país informaron que non permiten a adopción de menores birmanos por estranxeiros.
De acordo coa lei de adopción do 8 de agosto de 1996, do Ministerio de Seguridade Social, a adopción internacional de orfos, nenos abandonados menores de 5 anos que realizaba o devandito Ministerio foi anulada, non permitíndose dende ese momento a adopción internacional de menores birmanos.