Novas >> COSTA DO MARFIL: paralización da tramitación de expedientes por vía pública
Novas
02/02/2011
COSTA DO MARFIL: paralización da tramitación de expedientes por vía pública
Ante a situación política que atravesa o país e a información facilitada pola embaixada de España en Abidján sobre a imposibilidade de remitir nestes momentos á Autoridade competente en adopcións no país os expedientes de solicitude de adopción remitidos por vía público, acordouse que:
-Desde as Comunidades Autónomas non se remitirán novos expedientes de solicitude de adopción ao Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, ata dispoñer de nova información.
-Os 4 expedientes que se atopan no momento actual no Ministerio non se enviarán ao país ata que se aclare a situación.
Dende o Ministerio estarase en contacto coa embaixada de España en Abidján para coñecer cando sexa posible reiniciar a tramitación.