O pasado 9 de xullo de 2010, Kazakhstán depositou o instrumento de adhesión ao Convenio da Haia, relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional, do 29 de maio de 1993.
A embaixada de España en Astana, segundo informa o Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, en nota informativa do 7 de outubro de 2010, manifestou que esta adhesión é un bo paso para que o país poida establecer un sistema que resolva, a longo prazo, os problemas existentes nos seus procedemento de adopción.
Non obstante, esta embaixada é partidaria de manter o acordo de suspensión da tramitación de novos expedientes para a adopción en Kazakhstán, adoptado pola Comisión Interautonómica de Directores Xerais de Infancia, o 8 de xullo de 2008.