Novas  >> VIETNAM: mantense a moratoria

Novas

01/02/2011

VIETNAM: mantense a moratoria

Segundo comunicou o Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, en reunión mantida o pasado día 19 de xaneiro, acordouse manter os acordos adoptados o pasado 20 de xullo:
-          Non admitir temporalmente novas solicitudes de adopción para Vietnam.
-          Suspender provisionalmente a tramitación de novos expedientes.
 
Esta ratificación nos acordos adoptados ten o seu fundamento en:
-          O país declarou unha moratoria para a admisión de novas solicitudes mentres non estea dispoñible unha lista de menores adoptables que, previsiblemente, estará confeccionada en maio de 2011.
-          É preciso realizar un seguimento da implementación da nova lexislación e procedemento de adopción do país.
-          Existen máis de 200 expedientes en trámite no país, pendentes de asignación e que terán que esperar a que se poña en marcha o novo procedemento.
 
Contarase coa colaboración da embaixada de España en Ha Noi para realizar os devanditos seguimentos.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a