Novas  >> CHINA: o tempo de espera medio é de 4 anos e 7 meses

Novas

19/01/2011

CHINA: o tempo de espera medio é de 4 anos e 7 meses

Actualmente, segundo información facilitada polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, o tempo de espera para a asignación en China está en 55 meses (4 anos e 7 meses). Este tempo de espera previsiblemente seguirá aumentando progresivamente.
 
Durante os anos 2009 e 2010 só se resolveron os expedientes de marzo, abril e maio de 2006. Dende o Ministerio estímase que faltan como mínimo outros 2-3 anos máis para resolver o resto dos expedientes do ano 2006.
 
O aumento dos tempos de espera, segundo información do Centro Chinés de Adopcións, débese a que o número de menores para adopción internacional diminuíu considerablemente (pola mellora nas condicións económicas do país e o aumento da adopción nacional) e a que existe unha grande cantidade de expedientes sen resolver.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a