Novas >> FILIPINAS: ampliación da admisión de expedientes ata o 31 de xaneiro
Novas
13/01/2011
FILIPINAS: ampliación da admisión de expedientes ata o 31 de xaneiro
O ICAB, autoridade central filipina en materia de adopción, comunicou a aprobación da resolución pola cal se aproba a suspensión temporal na aceptación de solicitudes de adopción para as axencias de adopción estranxeiras.
Na devandita resolución modificouse a data límite para a aceptación de novos expedientes polo ICAB, ampliándose ata o 31 de xaneiro de 2011 (en lugar do 31 de decembro de 2010, como constaba en comunicados anteriores).
Polo tanto, o citado organismo aceptará aquelas novas solicitudes de adopción que teñan un certificado de idoneidade anterior ao 31 de xaneiro de 2011, o que afecta unicamente ás axencias de adopción extranxeiras que enviasen anualmente 10 ou máis solicitudes entre 2008-2010.