Novas >> COSTA DO MARFIL: a situación de inestabilidade política paraliza a tramitación
Novas
12/01/2011
COSTA DO MARFIL: a situación de inestabilidade política paraliza a tramitación
En relación á tramitación de expedientes de adopción internacional en Costa do Marfil, debido á situación de importante inestabilidade política, a embaixada española en Abidján informou de que:
Debido á situación pola que atravesa o país e para evitar posibles perdas de expedientes, os últimos recibidos no país se gardaron na embaixada ata que sexa posible continuar cos trámites.
No momento actual, todos os trámites están paralizados, en espera dunha solución ao problema político e non é posible contactar coas autoridades competentes en adopción.