Novas  >> FEDERACIÓN RUSA: habilitación ECAI Asociación de Axuda á Infancia do Mundo (AAiM)

Novas

27/12/2013

FEDERACIÓN RUSA: habilitación ECAI Asociación de Axuda á Infancia do Mundo (AAiM)

Habilítase a ECAI Asociación de Axuda á Infancia do Mundo (AAiM) como entidade colaboradora de adopción internacional na Federación Rusa

Mediante resolución de 26 de decembro de 2013, a directora xeral de Familia e Inclusión habilita a ECAI Asociación de Axuda á Infancia do Mundo (AAiM), como entidade colaboradora de adopción internacional na Federación Rusa.

AAiM xa dispón de autorización para as actividades de adopción de menores na Federación Rusa, desde o 24 de outubro de 2007.

A delegación desta ECAI en Galicia está situada na rúa Doutor Cadaval 21, 2º, oficina 10, en Vigo, Pontevedra.

O importe total da compensación económica que poderá percibir AAiM pola intermediación será de 22.894, 36 euros, segundo a seguinte distribución:

- Gastos indirectos: 12.175, 77 euros

  a) En España: 4.063, 68

  b) Na Federación Rusa: 8.112, 09

- Gastos directos: 10.718, 59 euros

  a) En España: 2.145, 33

  b) Na Federación Rusa: 8.573, 26

Pode consultar no apartado de Descargas deste Portal a distribución dos custos, así como o modelo de contrato aprobado.

 

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a