18/12/2013
O Intercountry Adoption Board (ICAB), Autoridade Central de Filipinas, emitu un escrito segundo o cal os rumores sobre acollementos temporais en España de menores afectados polo desastre de Tacloban é información incorrecta.
A Comisión Especial da Haia manifestou expresamente que os nenos vítimas de desastres non deben ser trasladados a outros países.
O ICAB continúa dicindo que os menores das zonas afectadas foron trasladados a diferentes centros de coidado infantil e a familias nacionais. Algúns están recibindo a terapia necesaria.

"Un xeito de facer Europa"