Novas  >> KAZAKHSTÁN: paralización e devolución de expedientes

Novas

12/01/2011

KAZAKHSTÁN: paralización e devolución de expedientes

Segundo nota informativa do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, do 3 de xaneiro de 2011 e como continuación da información previa sobre a situación actual da tramitación de adopcións internacionais neste país, a raíz da súa adhesión ao Convenio da Haia e en espera de que se aprobe a súa nova normativa (noticia deste Portal do pasado 03/01/11), se recibiu unha nota urxente da embaixada española en Astana na que informan que Kazakhstán paralizará e devolverá a España, a partir do 31 de decembro de 2010, todos os expedientes de adopción nos que os adoptantes non elixisen aínda a un menor mediante declaración escrita ante o órgano rexional competente en materia de infancia.
 
Os expedientes devoltos terán que reiniciar dende o principio a súa tramitación no país sobre a base da nova normativa, unha vez sexa aprobada e entre en vigor.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a