21/11/2013
A Comisión Interautonómica de Directores Xerais de Infancia do 13 de novembro, á vista da información facilitada pola Embaixada de España en Addis Abeba, e os datos sobre volume de expedientes pendentes aínda de asignación que se atopan en Etiopía, acordou manter a suspensión da tramitación, nos termos do acordo de data 16 de outubro de 2012.
Polo tanto, mantense a vixencia da Resolución da Secretaría Xeral de Política Social, do 17 de outubro de 2012 (DOG nº 236, do 12/12/12) pola que se suspendeu a tramitación de expedientes de adopción internacional para Etiopía e, en consecuencia, acordouse non tramitar as solicitudes que se presentasen a partir da data da resolución.

"Un xeito de facer Europa"