Novas  >> FEDERACIÓN RUSA – Informe do Seminario Internacional sobre Cooperación en Adopción

Novas

20/11/2013

FEDERACIÓN RUSA – Informe do Seminario Internacional sobre Cooperación en Adopción

O 15 de novembro tivo lugar en Moscú o Seminario Internacional sobre Cooperación en Adopción, ao que asistiron representantes do Ministerio ruso de Educación e Ciencia, así como unha delegación española.

Das conclusións do dito seminario compre destacar o seguinte:

1.- Seguimentos posadoptivos: o novo esquema de seguimentos ata a maioría de idade aplicarase a todas as adopcións constituídas a partir do 3 de setembro de 2013. Non ten carácter retroactivo.

Para as adopcións constituídas antes desa data, as autoridades competentes rusas, poderán solicitar informes á ECAI de algún menor en concreto que sospeiten que poida atoparse en situación de risco ou desprotección.

O incumprimento de estas obrigas por parte das ECAI, poderá carrexar a retirada da acreditación.

En caso de que algún Departamento Rexional ruso solicite con carácter xeral seguimentos con carácter retroactivo, as ECAI deberán comunicalo ao Ministerio, para que este poida intervir.

2.- Xuízos suspendidos ou pospostos a partir da Recomendación do Consello Presidencial do Tribunal Supremo da Federación Rusa do 29 de agosto de 2013.

A pesares do ambiente de entendemento e colaboración das autoridades rusas, o Director Xeral de Protección á Infancia da Federación Rusa recorda a necesidade de respectar a independencia xudicial. En consecuencia, advirte que é posible que os xulgados non reanuden os xuízos de familias españolas en tanto non se asine o Convenio Bilateral con España. Este atópase en tramitación en ámbolos dous países, unha vez acadado acordo sobre os seus termos.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a