Novas  >> VIETNAM: Conclusións da conferencia sobre adopción internacional

Novas

19/09/2013

VIETNAM: Conclusións da conferencia sobre adopción internacional

O Departamento de Adopcións de Vietnam celebrou, durante o mes de agosto, unha conferencia coas axencias de adopción internacional acerca do Convenio da Haia en relación coa nova Lei Vietnamita de Adopcións.

 

VIETNAM: Conclusións da conferencia sobre adopción internacional
O Departamento de Adopcións de Vietnam, celebrou durante o mes de agosto, unha conferencia coas axencias de adopción internacional acerca do Convenio da Haia en relación coa nova Lei Vietnamita de Adopcións.
As conclusións desta conferencia, publicadas polo DA, son as seguintes:
1.       En canto ó apoio das entidades de adopción internacional referentes á busca de familias para nenos discapacitados, enfermos, maiores ou grupos de 2 ou mais irmáns:
A.      Na actualidade, nos casos de menores enfermos ou discapacitados da lista 2, o Departamento de Adopcións acepta que as axencias de adopción presenten expedientes de familias que están dispostas a adoptalos, tendo en conta informes sobre a saúde do menor.
B.      Nos casos de nenos de 5 ou mais anos, e grupos de 2 ou mais irmáns, tamén lista 2, o Departamento seleccionará a familia mais convinte, de entre as previamente rexistradas, independentemente da suxestión da entidade.
C.      Cando os nenos padecen enfermidades que non pertencen claramente á lista 2, o Departamento, despois de consultar a especialistas médicos, incluirá os menores na lista 1 ou 2, e neste último caso, asignara o neno á familia que considere mais convinte, tamén de entre as previamente rexistradas independentemente da suxestión da entidade.
 
2.       En canto á entrega de expedientes de solicitude de adopción e revisión:
- O Departamento de Adopción acepta recibir expedientes de familias que están dispostas a adoptar nenos da lista 2, incluso cando o DA non teña aínda o expediente do menor, pero avisará da cantidade de expedientes para nenos da lista 2 que poden entregar as entidades, segundo os grupos de enfermidades.
- Cando os pais solicitan menores da lista 2 e, á súa entrega detectan outra enfermidade, ou mais grave, e, renuncian  a esta asignación, pero desexan continuar co procedemento con outro menor da lista 2, o Departamento de Adopción revisará cada caso concreto para decidir se a familia continúa ou non.
 
3.       Cuestións económicas:
-        A Ley de Adopcións e restante normativa, regulan a cantidade económica e órgano receptor no caso de adopción. Ademais, as familias poden realizar donacións voluntariamente aos orfanatos.
-        As entidades que leven a cabo proxectos humanitarios de axuda ó desenvolvemento, non poderán asinar directamente cos orfanatos, senón  co organismo xerente destes, podendo constar claramente o nome do orfanato beneficiario do proxecto.
 
 
 
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a