Novas  >> FEDERACION RUSA- MODIFICACIÓNS DA LEXISLACION FEDERAL

Novas

22/07/2013

FEDERACION RUSA- MODIFICACIÓNS DA LEXISLACION FEDERAL

 

O Consulado de España en Moscú, informa a través do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación da aprobación, na Federación Rusa, da Lei Federal 167-F3 "Sobre Modificacións parciais da Lexislación Federal en materia de menores orfos e menores non sometidos á patria potestade".

A lei exclúe da adopción a cónxuxes do mesmo sexo e a familias monoparentais nacionais de, ou residentes en, estados onde a lexislación establece a legalidade do matrimonio homosexual.

Segundo a información facilitada polo Consulado a lei, na súa disposición transitoria 12.6, impide a adopción por familias monoparentais en calquera estado de tramitación no que se atopen, excepto as que tiveron entrada no xulgado antes do 3 de xullo de 2013, entendendo por entrada no xulgado que o xuíz as admitira a trámite.

Por outro lado segundo a nova lei, amplíase o prazo ate 12 meses para inscribir aos menores no Rexistro federal. Dado que hai 1 mes de prazo para o Rexistro municipal e outro mes para o Rexistro rexional, o menor só poderá ser adoptable internacionalmente a partir dos 14 meses.

A lei establece a firmeza das resolucións xudiciais despois de 10 días de ditada a resolución. Na práctica, o xulgado dispón de 5 días adicionais para certificar a firmeza. Polo tanto, os adoptantes terán que esperar entre 10 e 15 días (ademais de 3 ou 4 mais para obter o certificado de nacemento e documentación rusa adicional).

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a