Novas  >> FILIPINAS- Tramitación de adopcións de menores filipinos por parentes de orixe filipina con residencia permanente en España

Novas

11/07/2013

FILIPINAS- Tramitación de adopcións de menores filipinos por parentes de orixe filipina con residencia permanente en España

Tramitación de adopción de menores filipinos por parentes de orixe filipina con residencia permanente en España

 

Tense coñecemento da adopción por parte de cidadáns filipinos residentes en España de parentes menores de idade coma se se tratase dunha adopción nacional, ao marxe do Convenio da Haia de adopción internacional, aínda cando este é aplicable. Esto xera graves problemas para a entrada do menor en España.

Todas as adopcións de nenos filipinos con traslado a outro país deben ser realizadas segundo o Convenio da Haia de 1993, do que tanto Filipinas coma España son Estados parte.

Segundo informa o Intercountry Adoption Board (IACB), Autoridade Central de Filipinas, as adopción tramitadas ou comezadas como nacionais por parte de cidadáns residentes en España, poderán tramitarse coma adopcións internacionais con arreglo ao convenio se a adopción comezada deixa de tramitarse como nacional, ou se esta, unha vez constituída, é declarada nula por un tribunal filipino.

Para iso, o procedemento sería:

Solicitar a anulación da adopción nacional por falta de xurisdición e, unha vez anulada,

- Adxuntar o Cuestionario para os Solicitantes de Adopción de parentes  (QRAA)

- O Cuestionario e a documentación necesaria, serán enviados ao ICAB pola ECAI ou Autoridade Central da Comunidade Autónoma dos solicitantes.

- Unha vez recibido o Cuestionario, o ICAB solicitará a avaliación sobre a adoptabilidade do neno ao Departamento de Benestar Social, que verificará se o menor é adoptable. Os solicitantes serán informados, ben a través da ECAI ou da Autoridade Central, do resultado de esta avaliación.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a