Novas  >> KIRGUIZISTAN- Desaconséllase tramitar

Novas

11/07/2013

KIRGUIZISTAN- Desaconséllase tramitar

Desaconséllase tramitar.

 

O Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, a través da Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios informa que a Embaixada de España en Kazakhstán, desaconsella firmemente a reapertura de procedementos de adopción en Kirguizistán, debido á inseguridade xurídica existente.

Segundo a información, Kirguizistán está en proceso de reforma lexislativa, e non hai comunicación oficial en materia de adopción. Por outra parte, a situación política do país levou á declaración transitoria de Estado de Emerxencia.

Esta problemática vese agravada por non existir embaixada nin oficina consular de Kirguizistán en España.

A Embaixada de España en Kazakhstán informará de toda nova comunicación sobre adopción recibida das autoridades de Kirguizistán.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a