Novas  >> BURUNDI – Temporalmente non se admitirán novas solicitudes de adopción

Novas

03/05/2013

BURUNDI – Temporalmente non se admitirán novas solicitudes de adopción

Na Comisión Interautonómica de Directores Xerais de Infancia, que tivo lugar os pasados días 15 e 16 de abril, acordouse non admitir, temporalmente, novas solicitudes de adopción para Burundi, e facer un seguimento das asignacións que se reciban a fin de ter un mellor coñecemento da realidade das adopcións do país.
Polo tanto, temporalmente non se admitirán novas solicitudes de adopción para Burundi presentadas con data posterior ao 16 de abril de 2013. As presentadas con anterioridade seguirán tramitándose normalmente.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a