Recibiuse unha información, procedente da embaixada de España en Astana (Kazajstán) referente á situación actual da adopción en Kirguistán.
Segundo a devandita información, o viceministro de desenvolvemento social do país informou que, en aplicación da Lei do 10 de agosto de 2012 sobre a ratificación do Convenio sobre protección de menores e cooperación en materia de adopción internacional, aprobado na Haia o 29 de maio de 1993, elaborouse un novo regulamento sobre acreditación e actividade das ECAI no país.
Tras a aprobación do devandito regulamento, o Ministerio de Desenvolvemento Social ten intención de anunciar un novo concurso de acreditación de ECAI, cancelando todos os certificados emitidos con anterioridade.
A embaixada solicitou información ás autoridades kirguisas sobre esta modificación lexislativa. Unha vez que se reciba a devandita información darase a coñecer a través do Portal de Adopcións.