Novas >> RUSIA: acordo de colaboración entre a ECAI PIAO e Créixer Junts
Novas
13/03/2013
RUSIA: acordo de colaboración entre a ECAI PIAO e Créixer Junts
Con data 11 de marzo de 2013, a Dirección Xeral de Familia e Inclusión deu conformidade ao acordo de colaboración entre a ECAI PIAO e Créixer Junts para tramitar expedientes de adopción internacional de familias galegas para a adopción en RUSIA.
En virtude do dito acordo, Créixer Junts utilizará a estructura de PIAO en Galicia para tramitar os expedientes de adopción de menores rusos de familias da nosa comunidade autónoma. Porén, a entidade acreditada no país e en España (en concreto, en Baleares) é Créixer Junts, entidade coa que a familia asinará o contrato.
Dado que en Galicia non hai, a día de hoxe, ningunha ECAI acreditada para Rusia, as familias galegas interesadas en adoptar menores deste país poderán elixir entre tramitar o seu expediente de adopción con esta ECAI ou con calquera outra que esté acreditada en algunha comunidade autónoma.