Novas >> KAZAKHSTÁN: idiomas expediente, tramitación preferente e ECAI acreditadas
Novas
04/03/2013
KAZAKHSTÁN: idiomas expediente, tramitación preferente e ECAI acreditadas
A embaixada de España en Kazakhstán remitiu á Dirección Xeral de Servizos para a Familia e a Infancia unha nota na que, entre outras cuestións, informa do seguinte:
-Idioma do expediente: o expediente da familia debe ser presentado en kazajo e en ruso, dado que o idioma estatal é o kazajo e o oficial o ruso.
-As familias solicitantes de adopción cuxo proceso se suspendeu ou non puido ser tramitado ou remitido, a consecuencia das reformas lexislativas no país, en caso de que decidan tramitar novamente a súa solicitude de adopción en Kazakhstán tramitaranse de forma preferente.
-No país están acreditadas, no momento actual, 6 ECAIs.
Das entidades acreditadas no país, poden tramitar expedientes de adopción con Kazajstán, por estar tamén acreditadas nas diferentes comunidades autónomas as seguintes:
No momento actual, non existe ningunha entidade acreditada en Galicia, polo que aquelas persoas interesadas poderán tramitar a súa adopción con calquera das ECAIs anteriores, sempre que estas acepten tramitar o seu expediente e a comunidade autónoma que corresponda outorgue a súa conformidade.