Novas  >> KIRGUISTÁN: ECAI acreditadas

Novas

04/03/2013

KIRGUISTÁN: ECAI acreditadas

Segundo a última información facilitada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade as ECAIs acreditadas para tramitar expedientes de adopción internacional con Kirguistán son as seguintes:
- ADECOP-Andalucía: http://www.adecop.org
- ADECOP-Cantabria: http://www.adecop.org
- ADOPTA-Cataluña: http://www.adoptabcn.org
 
Dado que, no momento actual, non existe ningunha entidade acreditada en Galicia, aquelas persoas interesadas poderán tramitar a súa adopción con calquera das devanditas ECAIs, sempre que estas acepten tramitar o expediente, coa conformidade da comunidade autónoma que corresponda.
 
Sinalar, por outra parte, que a embaixada de España en Kazakhstán remitiu unha información na que se menciona que o Comité Parlamentario ordenou ao goberno de Kirguistán elaborar unha nova disposición sobre a acreditación e o funcionamento de axencias estranxeiras de adopción.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a