Novas  >> FILIPINAS: 9 asignacións para expedientes tramitados por protocolo público en 2013

Novas

01/03/2013

FILIPINAS: 9 asignacións para expedientes tramitados por protocolo público en 2013

O Intercountry Adoption Board (ICAB) remitiu ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade un escrito no que o informa de que a cota de asignacións previstas para os expedientes tramitados por protocolo público durante o ano 2013 será de 9 menores.
 
O ICAB non aceptará novas solicitudes por protocolo público procedentes do noso país en 2013 ata que se reduza o número de expedientes pendentes e o tempo de espera sexa o desexable.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a