Novas  >> HAITÍ: continúa a falta de garantías para as adopcións

Novas

04/01/2011

HAITÍ: continúa a falta de garantías para as adopcións

Recentemente, realizouse a consulta á embaixada española en Porto Príncipe, sobre a posibilidade de reapertura das adopcións en Haití. Segundo nota informativa do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, de 21/12/2010, a embaixada, unha vez analizada a situación do país, desaconsella a reapertura das adopcións internacionais, tendo en conta o interese superior do menor.
 
Á luz dun informe publicado por UNICEF 6 meses despois do terremoto do 12 de xaneiro de 2010, o sismo empeorou unha situación que, antes deste, era xa extremadamente delicada. A pesar dos esforzos da comunidade internacional, a desprotección segue sendo escandalosa e, lamentablemente, nada indica que vaia mellorar nos próximos meses.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a