Novas >> FILIPINAS: 40 asignacións para ACI en 2013
Novas
06/02/2013
FILIPINAS: 40 asignacións para ACI en 2013
Segundo comunicou o Intercountry Adoption Board (ICAB) á ECAI “Asociación para el Cuidado de la Infancia” (ACI), con data 28 de xaneiro de 2013, á devandita entidade asignaránselle 40 menores durante o ano 2013.
En caso de que se mantivese o ritmo de menores susceptibles de adopción anual, segundo os cálculos do ICAB (tendo en conta que ACI tiña 302 expedientes pendentes no país a 21/12/2012), o tempo de espera das familias solicitantes de ACI sería dun máximo de 7 anos.
Non obstante, as asignacións para o 2014 e anos posteriores dependerán das novas solicitudes e as asignacións realizadas efectivamente no presente ano.
En calquera caso, dado o elevado número de expedientes pendentes de asignación no país de ACI, o Intercountry Adoption Board non aceptará novas solicitudes procedentes da devandita ECAI ata que a lista de espera se reduza o suficiente para que o tempo de espera das familias se axuste ao desexable.