Novas  >> MALÍ: non é aconsellable viaxar

Novas

24/01/2013

MALÍ: non é aconsellable viaxar

A embaixada de España en Malí, a través da Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios informou do seguinte:
 
Dada a delicada situación que, na actualidade, está a atravesar Malí, varias familias en proceso de adopción estanse a desprazar precipitadamente ao país sen ter a certeza de que o seu expediente de adopción está completo.
 
A embaixada de España en Bamako, capital de Malí, segue un estrito protocolo para a conclusión dos expedientes de adopción, que respecta escrupulosamente o principio de legalidade, ao tempo que intenta organizar de forma ordenada a chegada das familias españolas conforme ás recomendacións de viaxe recollidas na web do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación(http://www.maec.es/es/MenuPpal/Paises/ArbolPaises/Mali/Recomendacionesdeviaje/Paginas/recoMali.aspx).
 
Para evitar que as familias viaxen ao país infrutuosamente, e dada a complicada situación política e de seguridade que atravesa o país nestes momentos, co conseguinte perigo para a integridade persoal, a Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios desaconsella ás familias desprazarse a este país mentres dure a intervención militar e que se absteñan de facelo, en todo caso, ata que a embaixada de España non lles notifique que o seu expediente está completo.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a