Novas  >> MALÍ: o novo Código de Familia prohibe as adopcións internacionais

Novas

02/01/2013

MALÍ: o novo Código de Familia prohibe as adopcións internacionais

O novo director nacional de infancia de Malí confirmou o pasado mes de decembro que o novo Código de Familia dese país, que entrou en vigor o 30 de decembro de 2011, prohibe as adopcións a persoas non malienses. Unha interpretación diferente deste Código e da súa aplicación permitiu que se puidesen continuar coas asignacións durante o ano 2012.

Sobre a base diso, a situación dos expedientes que se encontran no país é a seguinte:
·          Expedientes con menor asignado/a e no que as persoas solicitantes estean pendentes de viaxar a Malí para constituír a adopción: unha vez que se reciba o expediente na Sección Consular da embaixada e se comprobe que está correcto, asignarase unha cita para que as familias poidan viaxar a Malí a recoller ao/á menor, asegurando que a súa estadía sexa o máis curta posible.
 
·          Expedientes con menor asignado/a e en proceso xudicial e familias que recibiron asignación recentemente: continuarán tramitándose ata o final en interese dos/das menores.
 
·          Expedientes sen menor asignado/a, que se encontran en Malí: suspéndese a súa tramitación e non haberá novas asignacións ata que, se é o caso, se modifique o Código de Familia.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a