Novas  >> FILIPINAS: suspéndese a aplicación da moratoria

Novas

13/12/2012

FILIPINAS: suspéndese a aplicación da moratoria

Recibiuse información sobre o resultado das xestións realizadas por representantes da embaixada de España en Manila coas autoridades de Filipinas sobre os efectos da moratoria acordada polo Intercountry Adoption Board (ICAB), de data 17 de agosto de 2012, e do sistema de cotas na tramitación de expedientes de adopción en España.
 
O Embaixador e o Cónsul Xeral de España mantiveron unha reunión coa Secretaria de Benestar Social de Filipinas, presidenta da Autoridade Central para adopcións, para entregarlle unha carta do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, en relación á resolución do ICAB que establece a devandita moratoria.
 
Como resultado da devandita reunión, a Secretaria acordou que os expedientes pendentes no país se irán tramitando por orde de chegada, do máis antigo ao máis recente, ata a súa completa resolución. Só cando se finalice a tramitación de todos estes expedientes comezará a aplicarse a moratoria.
 
Por outra parte, a Secretaria solicita que se informe as familias españolas da posibilidade de modificar a súa idoneidade para a adopción de menores de máis idade, xa que Filipinas reduciu de 8 a 6 anos a idade a partir da cal inclúe considéranse a estes menores de "necesidades especiais".
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a