Novas  >> KAZAKHSTÁN: previsión de nova normativa

Novas

03/01/2011

KAZAKHSTÁN: previsión de nova normativa

Segundo nota informativa procedente do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, do 13 de decembro de 2010, o país, debido á recente entrada en vigor, o pasado 1 de novembro, do Convenio da Haia, do 29 de maio de 1993, e coa finalidade de adaptar a súa lexislación ao este, tiña previsto aprobar un novo Código de Familia e un Decreto específico, elaborado en colaboración con UNICEF (aspecto acerca do que non se recibiu ningunha comunicación oficial).
 
As principais novidades da nova normativa son:
-          Só se permitirá a tramitación de adopcións internacionales a través de ECAIs.
-          Terán preferencia as parellas casadas (só home-muller).
-          Os solicitantes deberán aceptar a asignación unha vez que se reciba o informe do menor no país de residencia deste e antes de desprazarse a Kazakhstán (contrariamente á práctica actual).
-          O período de convivencia obrigatorio co menor en Kazakhstán será de 1 mes.
 
Por outra banda, e en relación aos expedientes de solicitantes españois que están pendentes de resolverse no país, segundo información facilitada pola Presidenta do Comité de Protección de Dereitos do Menor, cando entre en vigor a nova normativa paralizarán e devolverán a España todos os expedientes nos que os solicitantes (aínda os que viaxasen a Kazakhstán e visto ao menor) non aceptasen a asignación mediante declaración escrita ante o órgano rexional competente en materia de infancia, mesmo se aínda non se produciu o período obrigatorio de convivencia co menor.
 
Estes expedientes devoltos terán que reiniciar a súa tramitación dende o principio e conforme a nova normativa.
 
Por último, e en relación á tramitación de novos expedientes, a embaixada de España en Astana entende que o máis conveniente é manter polo momento o acordo de suspensión temporal (adoptado o 8 de xullo de 2008) mentres non se constate que os procesos de adopción no país se realizan con todas as garantías.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a