Novas >> VIETNAM: a ECAI INTERADOP reacredítase en Vietnam
Novas
03/12/2012
VIETNAM: a ECAI INTERADOP reacredítase en Vietnam
A ECAI INTERADOP remitiu a esta Secretaría Xeral a copia da súa reacreditación en Vietnam para tramitar expedientes de adopción internacional, que esixe a nova lexislación do país. Esta reacreditación é válida ata o 20 de novembro de 2017.
A reacreditación obtida, unida á recente aprobación dos custos de intermediación derivados da nova normativa, permitirá á ECAI tramitar os expedientes pendentes no país unha vez este asigne novas cotas, así como os destinados á adopción de menores da Lista 2.