Novas >> VIETNAM: aprobación á ECAI INTERADOP dos custos derivados da nova normativa para tramitar os expedientes pendentes
Novas
29/11/2012
VIETNAM: aprobación á ECAI INTERADOP dos custos derivados da nova normativa para tramitar os expedientes pendentes
A Secretaría Xeral de Política Social aprobou á ECAI INTERADOP os custos para tramitar os expedientes remitidos a Vietnam pendentes de asignación, derivados da aplicación da nova normativa.
Para tramitar estes expedientes pendentes, INTERADOPpoderá cobrar adicionalmente ás familias con expediente de adopción internacional pendentes de asignación en Vietnam polos seguintes conceptos:
Taxas de rexistro: 9.000.000 dongs, que á taxa de cambio actual corresponde a uns 340 €.
No caso da adopción de varios irmáns, a taxa de rexistro reducirase nun 50% a partir da ou do segundo menor.
Taxas de tramitación: 50.000.000 dongs, que á taxa de cambio actual corresponde a uns 1.890 €.
Nas adopcións de menores con discapacidades ou enfermidades graves as familias adoptantes quedarán exentas da taxa de tramitación.
Custos de tradución, legalización e envío da nova documentación necesaria para tramitar o expediente conforme á nova normativa, que serán adecuadamente xustificados pola ECAI e aboados polas persoas solicitantes como provisión de fondos. Estes custos liquidaranse unha vez finalice ou se resolva o contrato, se fose o caso, debendo xustificarse documentalmente a súa realización e custo.
En todo o non previsto no punto anterior continúa vixente a tarifa aprobada mediante a resolución do 6 de outubro de 2008 e o contrato asinado entre a ECAI e as persoas solicitantes de adopción.