Novas >> KIRGUIZISTÁN: iníciase a tramitación de adopcións
Novas
19/10/2012
KIRGUIZISTÁN: iníciase a tramitación de adopcións
Tendo en conta as últimas informacións sobre o país, a Comisión Interautonautonómica de Directores Xerais acordou, o pasado martes 16 de outubro, iniciar a tramitación de adopcións con Kirguizistán.
O país estableceu un número máximo de 3 ECAIs que poderán ser acreditados por parte de España. A día de hoxe, xa hai unha entidade acreditada en Cataluña (Adopta) e está en trámites a posible acreditación de máis entidades, unha vez que estas completen a documentación que presentaron e se valoren de novo as súas propostas.
Mentres non se acreditan máis entidades, aquelas familias interesadas en tramitar o seu expediente a Kirguizistán poderán remitir o seu expediente de adopción á ECAIAdopta (http://www.adoptabcn.org).