Novas >> KAZAKHSTÁN: iníciase a tramitación de adopcións
Novas
19/10/2012
KAZAKHSTÁN: iníciase a tramitación de adopcións
Na última reunión de Directores Xerais de Infancia do 16 de outubro de 2012 decidiuse iniciar a tramitación das adopcións en Kazakhstán.
Respecto á forma de tramitación, que será obrigatoriamente por ECAI, se ben inicialmente o país establecera unha cota máxima de entidades a acreditar por país, finalmente confirmou que non existe limitación no número de ECAIs que pode acreditarse en Kazakhstán.
Varias entidades presentaron a súa solicitude para ser acreditadas en Galicia para o devandito país, estando actualmente as súas solicitudes en proceso de valoración.
Mentres non existan ECAIs acreditadas en Galicia para Kazakhstán, as solicitudes poderán tramitarse a través de IPI, acreditada en Cataluña (http://www.ipi-ecai.org) e Familia Universal, acreditada en Canarias e ARioxa (http://www.familiauniversal.es).