Novas  >> FILIPINAS: cotas, moratoria e prazos de asignación

Novas

18/10/2012

FILIPINAS: cotas, moratoria e prazos de asignación

A autoridade central filipina, o Intercountry Adoption Board (ICAB), co obxecto de xestionar mellor o tempo de espera ata a asignación, estableceu un sistema de cotas para as ECAI e autoridades centrais.

Non obstante, a moratoria establecida para a admisión de novas solicitudes de adopción por parte da ECAI ACI (única acreditada na nosa comunidade autónoma) e o Ministerio, da cal se informou neste Portal con data 15/12/2010 e 13/01/2011, continúa vixente, polo que non é posible admitir novas solicitudes de adopción para este país.


Respecto aos prazos de asignación dos expedientes pendentes no país, o ICAB informou que, debido ao elevado número de expedientes pendentes (tanto da ECAI ACI coma do Ministerio) e as novas cotas establecidas, é previsible que o tempo de espera se alongue considerablemente.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a