Novas  >> ETIOPÍA: temporalmente non se admitirán novas solicitudes de adopción

Novas

18/10/2012

ETIOPÍA: temporalmente non se admitirán novas solicitudes de adopción

Na Comisión Interautonómica de Directores de Infancia celebrada o pasado martes acordouse, cautelarmente, non admitir novas solicitudes de adopción para Etiopía.

Esta decisión vén motivada polo elevado número de expedientes tramitados ao país, que pode incrementar o risco de falta de garantías e inseguridade xurídica das adopcións que se constitúan.

Polo tanto, cautelarmente, non se admitirán solicitudes de adopción para Etiopía presentadas con data posterior ao 16 de outubro de 2012. Aquelas presentadas con anterioridade continuaranse tramitando normalmente.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a