Novas  >> COSTA DO MARFIL: só se tramitará a través de ECAI

Novas

18/10/2012

COSTA DO MARFIL: só se tramitará a través de ECAI

Para mellorar as garantías na tramitación de expedientes de adopción en Costa do Marfil, na pasada Comisión Interautonómica de Directores Xerais de Infancia, celebrada o 16 de outubro, acordouse que só se poderán tramitar a través de ECAI. Este acordo afecta a todas as solicitudes para as que non se emitise informe de valoración de idoneidade antes do 17/10/2012.

Polo tanto, aquelas que en data 17/10/2012 finalizasen o proceso de valoración de idoneidade poderán tramitarse por ECAI ou por protocolo público.

Segundo figura na páxina web do Ministerio, a única entidade acreditada nestes momentos para tramitar adopcións con Costa do Marfil é Iniciativa Prol Infancia-IPI (http://www.ipi-ecai.org). Esta entidade está acreditada en Cataluña.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a