Novas  >> HUNGRÍA: solicitudes de adopción aceptadas no 2011

Novas

03/01/2011

HUNGRÍA: solicitudes de adopción aceptadas no 2011

A Autoridade Central húngara informou á Dirección Xeral de Política Social, das Familias e da Infancia do número e características das solicitudes de adopción internacional que van ser aceptadas no 2011.
 
Segundo nota informativa desta Dirección Xeral, do 9 de decembro de 2010, os nenos pequenos e sans están a ser asignados aos solicitantes húngaros. Os solicitantes nacionais móstranse, ademais, cada vez máis abertos á adopción de nenos maiores.
 
En 2011, Hungría só aceptará solicitudes para a adopción de nenos maiores de 7 anos ou menores desta idade con problemas de saúde físicos, mentais ou de comportamento.
 

Pola súa banda, as persoas solteiras só poderán adoptar maiores de 10 anos.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a