Novas >> KENYA: a posibilidade de tramitar expedientes, en estudo
Novas
20/07/2010
KENYA: a posibilidade de tramitar expedientes, en estudo
A adopción en Kenya encóntrase, actualmente, en fase de estudo, pendente de recibir información da autoridade central do devandito país para decidir se iniciar ou non a tramitación de expedientes de adopción.
En caso de que a información recibida fose favorable, fixarase o sistema de coordinación interautonómico para a acreditación de 1 ou 2 Entidades Colaboradoras de Adopción Internacional, xa que o país require a tramitación exclusivamente por esta vía.