Novas  >> MÉXICO: aceptación de solicitudes de parellas homosexuais e heterosexuais no Distrito Federal

Novas

31/01/2012

MÉXICO: aceptación de solicitudes de parellas homosexuais e heterosexuais no Distrito Federal

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade consultou ao Sistema Nacional DIF acerca de se aceptarían solicitudes de adopción internacional en México de matrimonios homosexuais españois ou residentes en España.
 
En virtude da reforma do Código Civil do Distrito Federal, tanto os matrimonios ou parellas heterosexuais e homosexuais que cumpran os requisitos establecidos poderán presentar as súas solicitudes de adopción internacional en México Distrito Federal.
 
Os requisitos e características da adopción no Distrito Federal poden consultarse na súa ficha específica no apartado Adopción Internacional-Países de Adopción-Información sobre países de adopción.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a