Novas  >> SUSPENSIÓN TRAMITACIÓN NOVOS OFRECEMENTOS DE ADOPCIÓN NA FEDERACIÓN RUSA

Novas

10/07/2020

SUSPENSIÓN TRAMITACIÓN NOVOS OFRECEMENTOS DE ADOPCIÓN NA FEDERACIÓN RUSA

 

A Dirección Xeral de Dereitos da Infancia e da Adolescencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a través de resolución do 30 de xuño de 2020, suspende as tramitacións de novos ofrecementos de adopción de menores nacionais da Federación de Rusia, permitindo, así mesmo, a finalización dos expedientes que se atopen en tramitación en data de 19 de maio de 2020.

A Dirección Xeral de Dereitos da Infancia e da Adolescencia, en colaboración co Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, e as Entidades Públicas das Comunidades Autónomas, garantirá o envío dos informes de seguimento post-adoptivo das persoas menores de idade que foran adoptadas na Federación Rusa, para dar cumprimento ao compromiso adquirido polas Entidades Públicas de Protección de Menores, de envío dos mencionados informes.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a