11/06/2020
Unha vez avanzadas as fases de desescalada e tras a renovación da tramitación administrativa o 1 xuño informámoslles de que se reanudan os cursos de formación, as sesións informativas, as valoracións de idoneidade e calquera outro trámite presencial en materia de adopción nacional ou internacional.
Para poder formar parte das sesións informativas e dos cursos de formación deberán inscribirse a través do Portal Galego de Adopcións.
Para calquera outra tramitación en materia de adopcións, deberán poñerse en contacto coa Xefatura Territorial da súa provincia de residencia e concertar unha cita.
"Un xeito de facer Europa"