![]() |
![]() |
BULGARIA A adopción en Bulgaria é plena ou simple. Será plena en caso de orfos, pais descoñecidos, cando os pais dean o seu consentimento para adopción plena, e casos de NNA acollido/a/s en institución; o/a menor deberá estar inscrito/a nun rexistro de menores adoptables plenamente. A adopción plena é revocable por incumprimentos moi graves e debe ser solicitada polo Ministerio de Xustiza. Conserva a nacionalidade búlgara.
Non se admiten parellas de feito nin parellas do mesmo sexo.
Deberase estar inscrito/a nun rexistro especial do Ministerio de Xustiza no cal se rexistran as persoas que se ofrecen para a adopción residentes no estranxeiro que están dispostas a adoptar plenamente un/unha neno/a habitualmente residente en Bulgaria.
O trámite dos expedientes de ofrecemento de adopción deberá realizarse, en todo caso, a través de entidades búlgaras previamente autorizadas polo Ministerio de Xustiza de Bulgaria.
Poderá tramitar a súa adopción: