Información sobre países de adopción

Xunta Galicia

BRASIL BRASIL

Tipo de adopción: Plena

Requisitos:

  • Estado civil: casado/a, solteiro/a, divorciado/a, parella de feito, viúvo/a
  • Idade (Solteiro e parella): 25, <60
  • Monoparentais: Home, Muller

En relación á adopción por parellas homosexuais, os estados de Río Grande do Sul, Sao Paulo e Minas Gerais, aceptan os ofrecementos.
A adopción constitúese por sentenza xudicial.
Permítese que as persoas adoptadas conserven a súa nacionalidade.

Características dos nenos:

  • Menores de 1-18 anos de proxenitores descoñecidos, que deran o seu consentimento á adopción ou que foran privados da patria potestade.
  • Segundo a normativa actual, a adopción internacional aceptase so para menores a partir de 5 anos, agás en Río de Janeiro que terán, polo menos 9 anos, agás grupos de irmá/n/s para os que non se establece unha idade mínima. Dentro do rango establecido (5-18), os mais pequenos suelen presentar algunha discapacidade ou enfermidade crónica, ou formar parte dun grupo de irmáns.
  • A diferenza de idade entre o adoptante e o adoptado debe ser de, 16 anos de mínima e 50 de máxima.
  • Os maiores de 12 anos deberán dar o seu consentimento á adopción.
  • Consideranse NNA con características especiais aqueles con enfermidades crónicas, discapacidades físicas ou psicolóxicas. Outorgase absoluta prioridade aos procedementos xudiciais de NNA con características especiais.

Forma de tramitación:

Poderá tramitar a súa adopción:

  • A través do Ministerio de Xuventude e Infancia (Protocolo Público).
  • A través do Organizacións Acreditadas para Adopción Internacional(OAAI).
BRADOPTA
Mallorca, 192, 1º piso
Barcelona (8036)
Teléfono: 932720290

Documentación necesaria:

  • Solicitude para habilitación na CEJAI (escollida) asinada polas persoas que se ofrecen para a adopción ou polos seus representantes, con un certificado de autenticación da firma.
  • Declaración sobre a gratuidade e sixilo da adopción en Brasil, debidamente asinada e con firma recoñecida (formulario propio da CEJAI)
  • Poder notarial de representación, en caso de haxa persoa representante ou se tramite con OAA.
  • Certificado de nacemento.
  • Certificación de residencia expedida por organismo oficial.
  • Fotocopia do pasaporte.
  • Certificado de matrimonio, ou proba de unión estable, divorcio ou defunción, se é o caso. Data máxima de emisión, 6 meses.
  • Certificado médico de saúde física e mental.
  • Certificado de penais, tanto do pais onde residan, como do pais de onde teñan a nacionalidade. Data máxima de emisión, 6 meses.
  • Certificado negativo de delitos sexuais.
  • Acreditación do domicilio, en propiedade ou aluguer.
  • Certificación de emprego.
  • Certificado de ingresos anuais (en dólares americanos).
  • Certificación de que se cumpren os requisitos legais do país de nacionalidade de cada membro da parella.
  • Fotografías da/s persoa/s que se ofrece/n para a adopción, domicilio e familiares.
  • Certificado de idoneidade.
  • Informe psicolóxico.
  • Informe social.
  • Compromiso de seguimento.
  • Texto da lexislación de adopción do país receptor (traducida), con certificado de autenticidade e proba de validez.
  • Comprobación da existencia ou non de fillos.
  • Declaración xurada de non establecemento de contacto coa persoa que detente a garda do/a menor.
  • Declaración de coñecemento da irrevogabilidade da adopción en Brasil.
  • Os certificados deben ter unha data máxima de emisión de seis meses. Os documentos deben ser orixinais, traducidos por tradutor xurado e apostilados; ademais, as firmas deben ser autenticadas ante notario.
  • A maiores, deberá aportarse a documentación esixida en Galicia.

Organismo público competente:

Autoridad Central Brasileña para la Adopción Internacional (ACAF). Ministerio de Justicia y Seguridad Pública.

Embaixada en España:

Embajada de Brasil en España
Fernando el Santo, 6 - 28010 Madrid
Teléfono: 917004650     Fax: 917004660

Estancia esixida no país:

  • Aproximadamente, a estancia mínima no país é de 30 días e a máxima de 90 días.

Informes de seguimento:

  • 1 informe semestral durante 2 anos (salvo que na resolución xudicial se estableza outra cousa). Deben ir acompañados de fotos, legalizados, apostilados e traducidos.

Lexislación:

  • Convenio relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional, feito na Haia o 29 de maio de 1993.
  • Convenio suprimindo a esixencia da legalización dos documentos públicos estranxeiros, feito na Haia o 5 de outubro de 1961.
  • Lei nº 8.069, do 13 de xullo de 1990, Estatuto do neno e do adolescente, modificada polas Leis nº 12.010, de 3 de agosto de 2009, Lei 13257 de 2016 e pola nº 13.509, de 22 de novembro de 2017.
  • Decreto 3.174, do 16 de setembro de 1999, que designa as autoridades centrais encargadas do cumprimento do Convenio de 1993, modificado parcialmente polo Decreto 10064, de 2019
  • Constitución da República de Brasil-Capítulo III.
  • Código da nacionalidade brasileira.
  • Decreto 5.491, do 18 de xullo do 2005, que regula a actuación dos organismos estranxeiros e nacionais de adopción internacional, modificado parcialmente polo Decreto 5947, de 2006
  • Ordenanza nº 2832, de 26 de decembro de 2018, norma que instituiu procedementos para o outorgamento e renovación de acreditación de organismos nacionais e estranxeiros para mediasr solicitudes de adopción internacional en Brasil e no exterior.
  • Decreto 10064, do 14 de outubro de 2019. Norma que instiuiu o Consello de Autoridades Centrais Brasileñas para a adopción internacional, presidido pola Autoridade Central Federal y constituido pola Autoridades Centrais do Estado e Distrito, ademais do Ministerio de Relacións Exteriores e Policía Federal.

Observacións:

Brasil é un estado federal composto por 27 estados, cada un, ten a súa propia interpretación das leis federais e as súas propias esixencias na tramitación dos expedientes.


Data de actualización:

A información do país foi actualizada o 04/08/2023.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a