Información sobre países de adopción

Xunta Galicia

BOLIVIA BOLIVIA

Tipo de adopción: Plena

A persoa menor adoptada non perde a nacionalidade boliviana.

Requisitos:

  • Estado civil: casado/a, solteiro/a, divorciado/a, parella de feito, viúvo/a
  • Idade (Solteiro e parella): 25, 55
  • Permite a adopción se se teñen fillos biolóxicos: Si
  • Permite a adopción se se teñen fillos adoptivos: Si
  • Monoparentais: Home, Muller

As persoas solteiras poden ser homes ou mulleres, ainda que os xuíces poden poñer limitacións aos homes e na práctica é dificil que acepten o ofrecemento.

Características dos nenos:

  • Menores de 18 anos, de nacionalidade boliviana e residindo no país, con resolución xudicial que estableza a extinción da patria potestade dos pais, que acredite a súa condición de orfo e a inexistencia de vínculos familiares.
  • A diferenza de idade entre o adoptante e o adoptado debe ser de, polo menos, 18 anos. En caso de parellas, casadas ou non casadas, polo menos unha das persoas deberá ter menos de 55 anos de idade.
  • Ter a preparación e información correspondente sobre os efectos da adopción, segundo a súa etapa de desenvolvemento.
  • Terán preferencia para a adopción: nenas e nenos maiores de 4 anos, grupos de irmáns, nenas e nenos en situación de discapacidade, e nenas e nenos que precisen cirurxías menores ou tratamentos médicos que non involucren risco de vida, perda de membros ou outros. Tramitaranse con prioridade.

Forma de tramitación:

Poderá tramitar a súa adopción:

  • A través do Organizacións Acreditadas para Adopción Internacional(OAAI).
IPI
Gran Vía de las Cortes Catalanas, 646, 1º, 2ª
Barcelona (8007)
Teléfono: 934120102

Documentación necesaria:

  • Solicitude de adopción motivada.
  • Copia actualizada do pasaporte.
  • Certificado de matrimonio ou documento que probe a unión de feito, segundo a normativa vixente.
  • Certificado médico e avaliación psicolóxica acreditando unha boa saúde física e mental. Válidos por un ano.
  • Certificado de penais.
  • Certificado negativo de delitos sexuais.
  • Certificado domiciliario expedido por autoridade competente.
  • Certificado de realizar os cursos de preparación para a adopción.
  • Certificado de idoneidade. Dous exemplares.
  • Informes psicosociais.
  • Compromiso de seguimento.
  • Certificado de nacemento.
  • Certificado de empadroamento.
  • Certificado de solvencia económica.
  • Informe post-adoptivo favorable para novos trámites de adopción.
  • Autorización para o trámite de ingreso da nena, neno ou adolescente no país de residencia dos adoptantes. 1 ano de validez.
  • Informe postadoptivo favorable para novos trámites de adopción.
  • Fotos.
  • Todos os documentos deberán ser orixinais e estar apostilados.
  • A maiores, deberá aportarse a documentación esixida en Galicia.

Organismo público competente:

Ministerio de Xustiza- Viceministerio de Igualdade de Oportunidades- Dirección Xeral de Nenez, Xuventude e Persoas Adultas Maiores.

Embaixada en España:

Embajada de Bolivia en España
Serrano 40, 5º D - 28001 Madrid
Teléfono: 915780835     Fax: 915773946

Estancia esixida no país:

  • A estancia mínima aproximada no país é de 2 meses.

Informes de seguimento:

  • 1 informe semestral durante 2 anos , 2 exemplares.

Lexislación:

  • Convenio relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional, feito na Haia o 29 de maio de 1993.
  • Convenio suprimindo a esixencia da legalización dos documentos públicos estranxeiros, feito na Haia o 5 de outubro de 1961.
  • Acordo bilateral España-Bolivia de 29/10/01.
  • Código da Nena, Neno e Adolescente, de 17/07/2014, Lei nº 548.
  • Decreto Supremo nº 2377, de 27 de maio de 2015, reglamento á Lei 548.
  • Constitución política do Estado de Bolivia, do 07/02/09.
  • Resolución administrativa nº 002/2015, de 31 de xullo, que aproba o Protocolo de Adopcións Internacionais.
  • Lei nº 1168, de 12 de abril de 2019, de abreviación procesual para garantir a restitución do dereito humano á familia das nenas, nenos e adolescentes.

Observacións:

O procedemento solo poderá levarse a cabo mediante OAA acreditado que teña subscrito Acordo Marco co estado boliviano.

Data de actualización:

A información do país foi actualizada o 14/08/2023.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a