Información sobre países de adopción

Xunta Galicia

PERÚ, O PERÚ, O

Tipo de adopción: Plena

Resolución de caracter administrativo, emitada pola Dirección Xeral de Adopcions.

Requisitos:

  • Estado civil: casado/a, solteiro/a, divorciado/a, parella de feito, viúvo/a
  • Idade (Solteiro e parella): 25, <62
  • Anos de convivencia: 2
  • Permite a adopción se se teñen fillos biolóxicos: Si
  • Permite a adopción se se teñen fillos adoptivos: Si

Os adoptantes deberán levar 2 anos de convivencia.

Poden adoptar persoas solteiras, homes ou mulleres.

Características dos nenos:

  • Nenos menores de 18 anos declarados xudicialmente en abandono.
  • A diferenza de idade entre o adoptante e o adoptado debe ser de, polo menos, 18 anos.
  • O adoptando debe prestar o seu asentimento, se é maior de 10 anos, garantindose que foi previamente informado, segundo a idade e madurez.
  • No caso de familia con fillos, respéctase a primoxenitura. E recoméndase que o menor adoptado sexa un ano mais novo que o último fillo da familia.
  • Manteñen a nacionalidade peruana.

Forma de tramitación:

Poderá tramitar a súa adopción:

  • A través do Ministerio de Xuventude e Infancia (Protocolo Público).
  • A través do Organizacións Acreditadas para Adopción Internacional(OAAI).
ADOPTA
Paseo Bonanova 57, bajos 2ª,
Cataluña (8017)
Teléfono: 932531412

Documentación necesaria:

  • Solicitude dirixida á Dirección Xeral de Adopcións, expoñendo as motivacións para a adopción.
  • Copia do pasaporte ou D.N.I. (nomes completos e correctos).
  • Certificado de idoneidade.
  • Certificado de nacemento.
  • Certificado de matrimonio, se é o caso. No caso de unións de feito, documento vixente que acredite que a convivencia é recoñecida legalmente no país de residencia das persoas que se ofrecen para a adopción).
  • Sentenza de divorcio, se é o caso.
  • Certificado de nacemento dos fillos biolóxicos, se é o caso.
  • Partida de defunción do cónxuxe, no caso de viuvez.
  • Partida de nacemento do fillo/s adoptado/s e informes de seguimento post-adoptivo, naquelas adopcións que non foran tramitadas a través da Dirección Xeral de Adopcións, se é o caso.
  • Certificado de penais, con antigüidade menor a 9 meses.
  • Certificado de antecedentes policiais, con antigüidade inferior a 9 meses.
  • Certificado negativo de delitos sexuais, con antigüidade menor a 9 meses .
  • Certificados de boa saúde física e mental outorgados por profesionais da saúde autorizados pola autoridade competente do país de residencia. Deben ir acompañados dos resultados das probas de axuda ao diagnóstico, incluíndo como mínimo os resultados de exames de probas infectocontaxiosas e del certificado médico de saúde mental, asi como a indicación sobre presencia ou non de problemas psicopatolóxicos ou trastornos mentais.
  • Certificado de domicilio ou documento equivalente (constancia notarial, municipal etc...).
  • Certificados de traballo, constancia de ingresos, declaración xurada do I.R.P.F. e demais documentos que acrediten ingresos estables e capacidade económica. Antigüidade inferior a 9 meses.
  • Fotografías tamaño carnet dos adoptantes, do seu fogar no interior e exterior, e dos seus familiares, tamaño A4 e actualizadas. Antigüidade menor de 4 meses.
  • Certificado ou documento que acredite non ser deudor alimentario moroso ou, no seu defecto, declaración xurada.
  • Informe psicosocial, que debe conter a información requirida pola Dirección Xeral de Adopcions. Antigüidade inferior a 9 meses.
  • Compromiso de seguimento expedido pola autoridade central.
  • Declaración xurada de non ser sentenciados por violencia familiar con antigüidade inferior a 9 meses.
  • Certificado ou resolución de idoneidade.
  • Os documentos (excepto as fotos e vídeos) deben estar traducidos e apostilados. Deben presentarse ordeados e foliados, nunha carpeta plastificada de cor verde tamaño A-4, debendo conter un dispositivo de almacenamento de datos portátil co expediente dixitalizado.
  • Os seguimentos postadoptivos deberán conter 6 fotos do/a neno/a en diferentes contextos, ou vídeos. O 2º, 4º, 6º y 8º seguimentos deben presentar tamén un certificado de saúde e un documento que acredite a inserción e evolución escolar, se son maiores de 6 anos.
  • A maiores, deberá aportarse a documentación esixida en Galicia.

Organismo público competente:

Ministerio da Muller e e Poboacións Vulnerables (MIMP). Dirección Xeral de Adopcións.

Embaixada en España:

Embajada de Perú en España
Zurbano, 70- 28010 Madrid
Teléfono: 914314242 / 914314315     Fax: 915776861

Estancia esixida no país:

  • A estancia mínima aproximada no país é de 30 días.

Informes de seguimento:

  • 1 informe semestral durante 4 anos desde a resolución administrativa.

Lexislación:

  • Convenio relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional, feito na Haia o 29 de maio de 1993.
  • Convenio suprimindo a esixencia da legalización dos documentos públicos estranxeiros, feito na Haia o 5 de outubro de 1961.
  • Código Civil (art.º 377 e seguintes).
  • Código dos nenos e adolescentes (Lei n.º 27337, de 21/07/2000).
  • Lei nº 26981, de procedemento administrativo de adopción de menores de idade, declarados xudicialmente en abandono (03/10/1998) e o seu regulamento, aprobado polo D. S n.º 010-2005-MIMDES e modificado polo D.S. nº 007-2009-MIMDES.
  • Lei 30311 que permite a adopción de menores de idade declarados xudicialmente en abandono por parte de parellas que conforman unha unión de feito (17-03-2015).
  • Decreto Lexislativo nº 1297 para a Protección das nenas, nenos e adolescentes sen coidados parentais o en risco de perdelos. Publicado o 30 de decembro de 2016. Modificado pola Lei nº 30690, publicada o 5 de decembro de 2017.
  • Resolución Ministerial 185-2017-MIMP, de 16 de xuño de 2017, que aproba a Directiva Nº 8-2017-MIMP "Criterios e procedementos técnicos e operativos para a avaliación de nenos, nenas e adolescentes, declaración de aptitude de solicitantes e adopcións prioritarias".
  • Resolución Ministerial 177-2017-MIMP, de 9 de xuño de 2017, que aproba a Directiva Nº 006-2017-MIMP "Autorización de Organismos Acreditados Internacionais e aspectos técnicos e operativos para o seguimento postadoptivo de nenas, nenos e adolescentes".
  • Decreto Supremo nº 001-2018-MIMP, do Regulamento do Decreto 1297. Publicado o 10 de febreiro de 2018.
  • Decreto de Urxencia nº 001-2020, que modifica o Decreto Lexislativo nº 1297.
  • Resolución Directorial nº 098-2020-MIMP/DGA, de data 24 de xuño de 2020, para aprobar o documento "Pautas de actuación virtual para a etapa de integración familiar do procedemento administrativo de adopción, durante a emerxencia sanitaria no marco da Covid-19"
  • Dlirectiva nº 013-2021-MIMP sobre "Criterios técnicos aplicables ao procedemento administrativo de adopcións especiais", aprobada mediante Resolución Ministerial nº 203-2021-MIMP, de data 27 de xullo de 2021.
  • Decreto Supremo nº 002-2018-MIMP, aprobación do regulamento da Lei 30466, que establece parámetros e garantía procesais para a consideración primordial do interese superior do neno.

Observacións:

As autoridades peruanas estableceron en 20 o número máximo de solicitudes de adopción anuais para o noso país (tanto tramitadas por protocolo público como por cada OAAI).

Existe un procedemento especial para NNA con necesidades especiais, prioritario, que se realiza a través de asignación directa e que comprende os seguintes casos:
- Nenas e nenos maiores de 6 anos
- Adolescentes
- Grupos de irmáns e irmás
- NNA con discapacidade
- NNA con problemas de saúde
- NNA en acollemento familiar, no que a familia acolledora decida solicitar a súa adopción, previa opinión favorable da Dirección Xeral de Adopción
- Outros casos debidamente sustentados do interese superior do NNA


Se o/s adoptante/s é/son peruano/s residente/s en España a adopción considerarase en España como unha adopción internacional debendo tramitarse segundo o establecido no Convenio da Haia de 1993.

Data de actualización:

A información do país foi actualizada o 06/02/2023.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a