Información sobre países de adopción

Xunta Galicia

COSTA DO MARFIL COSTA DO MARFIL

Tipo de adopción: Plena

A decisión xudicial obtense en 2 tempos: unha decisión de garda provisional con fins de adopción; transcorridos 6 meses de garda preadoptiva presentarase unha demanda de adopción plena ante o Tribunal de Primeira Instancia de Abidjan. O adoptado perde a súa nacionalidade de orixe.

Requisitos:

  • Estado civil: casado/a, solteiro/a, divorciado/a, parella de feito, viúvo/a
  • Idade (Solteiro e parella): 30
  • Anos de convivencia: 5
  • Monoparentais: Home, Muller

Matrimonios: esíxense máis de 5 anos de matrimonio e que polo menos un dos cónxuxes non sexa menor de 30.

Non se permite a adopción por matrimonios homosexuais.

Teñen preferencia os candidatos sen fillos ou estériles, despois, os matrimonios con fillos, a continuación, as mulleres soas e, por último, os homes sós.

O tribunal, si estivera xustificado, poderá permitir a adopción cando a duración do matrimonio, a idade mínima das persoas que se ofrecen para a adopción ou a diferencia co adoptado sexa inferior ás establecidas anteriormente.

Características dos nenos:

  • Neno/a/s menores de 18 anos, tutelado/a/s polo estado, declarado/a/s abandonado/a/s por un xulgado ou que os pais ou o consello de familia consentiran a adopción.
  • A diferenza de idade entre adoptante e adoptado deberá ser, polo menos, de 15 anos.
  • O/a neno/a consinte a súa adopción por escrito se ten 14 anos.
  • O perfil maioritario en adopción internacional é o de nenos/as con necesidades especiais específicas: maiores de 5 anos, nenos con algunha enfermidade (discapacidade física, infección por VIH, enfermidade de células falciformes, anemia, etc)

Forma de tramitación:

Poderá tramitar a súa adopción:

  • A través do Organizacións Acreditadas para Adopción Internacional(OAAI).
IPI
Gran Vía de las Cortes Catalanas, 646, 1º, 2ª
Barcelona (8007)
Teléfono: 934120102

Documentación necesaria:

  • Solicitude manuscrita dirixida ao Ministerio da Muller, da Familia e da Infancia.
  • Carta motivada de solicitude de adopción, asinada pola persoa que se ofrece para a adopción ante notario.
  • Certificado de nacemento das persoas que se ofrecen para a adopción e dos fillos, se é o caso..
  • Fotocopia do D.N.I.
  • Fotocopia do pasaporte.
  • Certificado de matrimonio, sentenza de divorcio ou certificado de defunción, se é o caso.
  • Certificado médico.
  • Certificado de esterilidade, se é o caso.
  • Certificado de penais.
  • Certificado negativo de delitos sexuais.
  • Certificación de traballo e ingresos (nóminas dos 2 últimos meses e Declaración da Renda).
  • Certificado de idoneidade.
  • Informes psicosociais.
  • Compromiso de seguimento.
  • 2 fotos tipo carnet e 4 ou 5 coa familia, amigos, etc
  • Poder de representación.
  • (Débense presentar 3 copias do expediente).
  • Todos os documentos deben estar traducidos ao francés, legalizados e autenticados. As copias deben estar compulsadas. 3 exemplares.
  • A maiores, deberá aportarse a documentación esixida en Galicia.

Organismo público competente:

Central Adoption Authority in Côte d´Ivoire (ACACI). Ministry for Women, Family and Children.

Embaixada en España:

Embajada de Costa de Marfil en España
Serrano, 154 - 28006 Madrid
Teléfono: 915626916     Fax: 915622193

Estancia esixida no país:

  • A estancia mínima aproximada no país é de 2 semanas.

Informes de seguimento:

  • 1 informe semestral desde a adopción. Posteriormente, 1 anual ata a maioría de idade.

Lexislación:

  • Convenio relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional, feito na Haia o 29 de maio de 1993.
  • Lei nº 2019-987, de 27 de novembro de 2019, que regula a adopción.
  • Decreto nº 2020-907, de 18 de novembro de 2020, que crea a autoridade central para as adopcións en Costa de Marfil (ACACI).

Data de actualización:

A información do país foi actualizada o 17/01/2023.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a