![]() |
![]() |
COLOMBIA As persoas que se ofrecen para a adopción deberán ter 25 anos cumpridos e, polo menos, 15 mais que a persoa menor a adoptar.
Deben demostrar idoneidade física, mental, moral e social suficiente para ofrecer unha familia adecuada e estable a unha persoa menor de 18 anos de idade
As parellas hetero ou homosexuais casadas, ou en unión civil, deben adoptar conxuntamente.
Esíxense 2 anos de convivencia para parellas de feito, contados a partir da sentenza de divorcio, en caso de matrimonio previo.
A existencia de fillos non é obstáculo para a adopción, pero deben ter coñecemento desta e estar preparados para a chegada do futuro irmá/n.
As familias monoparentais só poden ofrecerse para persoas menores con características especiais.
As solicitudes de adopción internacional diríxense exclusivamente a NNA con necesidades especiais:
- Idade de 10 anos ou mais.
- Pertencer a un grupo de 2 irmá/n/s onde o maior deles teña 10 anos ou mais.
- Pertencer a un grupo de 3 ou mais irmá/n/s.
- Presentar discapacidade.
- Ter calquera idade e presentar algunha enfermidade crónica, grave e permanente ou condición que requira atención especializada do sistema de saúde; ex: parálise cerebral, atraso mental moderado, grave ou severo; hidrocefalia; microcefalia; VIH; atraso no desenvolvemento; problemas respiratorios; padal fendido; hipotiroidismo; cardiopatías conxénitas; sífile conxénita; hipoacusia; secuelas de abuso sexual; problemas graves de conduta ou aprendizaxe; trastorno xeral do desenvolvemento, entre outros.
Rangos de idade das persoas que se ofrecen para a adopción- neno/a/s CON características especiais:
- Para neno/a/s de 0 a 5 anos (0 a 71 meses) ou grupos de irmá/n/s dos cales o/a maior poderá ter ata 6 anos e 11 meses, a idade das persoas que se ofrecen para a adopción será de 25 a 55 anos.
- Para neno/a/s de 6 a 9 anos (72 meses a 9 anos e 11 meses) ou grupos de irmá/n/s dos cales o/a maior terá entre 7 anos e 9 anos e 11 meses, a idade das persoas que se ofrecen para a adopción será e 56 a 59 anos.
No caso de persoas que se ofrecen para a adopción con nacionalidade colombiana e residentes no estranxeiro, tamén poderán dirixir os seus ofrecementos cara neno/a/s SEN necesidades especiais:
- Para neno/a/s de 0 a 5 anos (0 a 71 meses) ou grupos de irmá/n/s onde o/a maior poderá ter ata 6 anos e 11 meses, a idade das persoas que se ofrecen para a adopción será de 25 a 50 anos.
- Para neno/a/s de 6 a 9 anos (72 meses a 9 anos e 11 meses), ou grupos de irmá/n/s dos cales, o/a maior terá entre 7 anos e 9 anos e 11 meses, a idade das persoas que se ofrecen para a adopción é de 51 a 54 anos.
Poderá tramitar a súa adopción: