Novas  >> RUSIA: amplíase o prazo para recorrer as resolucións de adopción

Novas

03/01/2012

RUSIA: amplíase o prazo para recorrer as resolucións de adopción

O pasado 1 de xaneiro entrou en vigor a recente modificación da Lei de Axuizamento Civil da Federación Rusa, pola que se amplía o prazo para recorrer as sentenzas e autos xudiciais civiles dos 10 aos 30 días. Polo tanto, as resolucións xudiciais ditadas en primeira instancia non serán firmes ata que transcorra un mes desde que se diten.

 
Esta modificación afecta, polo tanto, á firmeza das resolucións de adopción internacional e, por conseguinte, á expedición do pasaporte para que a persoa menor adoptada poida saír do país, o que terá lugar 31 días despois de que se dite a sentenza de adopción.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a