Novas  >> CONCURSO DEBUXO KAZAJSTÁN

Novas

22/03/2021

CONCURSO DEBUXO KAZAJSTÁN

A República de Kazajstán, con motivo do 30 aniversario da súa independencia, convoca o concurso de debuxo infantil "A miña patria- Kazajstán", entre os nenos/a/s adoptado/a/s por persoas españolas.

Para neno/a/s entre 5 e 10 anos, o tema será “A natureza de Kazajstán”, para o grupo de idade entre 10 e 15 anos o tema será “O mundo animal de Kazajstán” e para maiores de 15 anos, o tema é “Nur-Sultan- a tarxeta de visita de Kazajstán”.

En cada categoría de idade haberá 3 gañadores, que serán premiados pola Embaixada de Kazajstán en España. Admiten debuxos ate o 25 de maio e publicaranse nas páxinas das redes sociais da Embaixada, onde se poderán votar. Os resultados da votación teranse en conta no proceso de determinación dos gañadores. Os resultados do concurso anunciaranse o 1 de xuño- Día Internacional do Neno.

O debuxo orixinal, en formato A4, debe enviarse a:

Embajada de Kazajstán,

Avda de los Madroños, 43,

CP. 28043. Madrid

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a