Eventos  >> Charla-coloquio: “A ESCOLA TROPEZA COA ADOPCIÓN” – 8 de xuño en Pontevedra

Eventos

16/05/2013 - 08/06/2013

Charla-coloquio: “A ESCOLA TROPEZA COA ADOPCIÓN” – 8 de xuño en Pontevedra

O vindeiro 8 de xuño a asociación galega de axuda á adopción-Manaia, organiza en Pontevedra a charla-coloquio “A ESCOLA TROPEZA COA ADOPCIÓN”, a cargo de Margarita Muñiz Aguilar que tentará abordar as estratexias que poden empregar as familias para axudar aos seus fillos a desenvolver habilidades cognitivas, a través das actividades cotiás.
 
Margarita Muñiz Aguilar é licenciada en Filosofía e Letras, logopeda, master en Orientación Educativa e en Asesoramiento en Materia de Adopción. Traballa desde fai máis de dúas décadas con nenos que teñen dificultades de aprendizaxe. Conferenciante e escritora, é directora/editora de revista Familia e Adopción e autora do libro: Cuando l@s niñ@s no vienen de Paris.
 
O acto terá lugar ás 12:00 horas na Sala Valdecorvos, no 2º andar da CASAZUL de Pontevedra (rúa Sor Lucía 2 - 36002 Pontevedra) 
 
A entrada é libre e de balde e disporase de servizo de ludoteca. Para os menores de tres anos prégase enviar un correo a manaia@manaia.es confirmando asistencia, co fin de contar con persoal adecuado.
 
Esta mesma charla tamén terá lugar na 4ª edición do Ciclo de Conferencias: Psicoloxía Hoxe "EN TORNO Á ADOPCIÓN", en A Coruña o venres 7 de xuño as 13:00 horas no Salón de Grados da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Elviña. Para máis información: 981-167000 (Ext 1709). Profesora: Rosa Fernández 
 
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a