As persoas que queiran adoptar a un/unha menor poden presentar un DESPOIS DE TER REALIZADO A SESIÓN INFORMATIVA E O CURSO DE FORMACIÓN PARA A ADOPCIÓN, ofrecemento de valoración de idoneidade, acompañado da seguinte documentación:
a) Certificación literal de nacemento.
b) Informe médico segundo cuestionario específico
(se é o caso, acompañarase, ademais, informe do médico especialista).
c) Fotocopia da última declaración da renda ou, en defecto, certificación negativa expedida pola Axencia Tributaria e, se é o caso, declaración de bens patrimoniais.
d) Documento acreditativo da cobertura sanitaria (copia de tarxeta sanitaria).
e) Libro de familia, se é o caso.
f) Sentenza de separación ou divorcio, se é o caso.
g) Dúas fotografías tamaño carné de cada persoa que se ofrece para a adopción.
h) Certificación de antecedentes penais e e de delitos de natureza sexual e de trata de seres humanos (ou, no seu defecto, certificación negativa, expedida polo Ministerio de Xustiza) ou autorización para a súa consulta por parte da xefatura territorial
i) Cuestionario persoal que se entrega no curso de formación, debidamente cuberto por cada unha das persoas que se ofrece para a adopción.
j) Compromiso de comunicar a chegada do menor e de someterse ao seguimento periódico que sinale o país de orixe.
Ademais, se a/s persoa/s que se ofrece/n para a adopción non asina/n o consentimento para que a entidade tramitadora comprobe os seus datos:
a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.
b) Documentación acreditativa da residencia e da convivencia (deberase acreditar un mínimo de 2 anos de convivencia): certificados de empadroamento, acta de notoriedade, etc.
O ofrecemento, xunto coa antedita documentación, deberá dirixirse ao xefe/a territorial da Consellería de Política Social da súa provincia. No caso de emigrantes galegos con previsión de retorno, se no prazo dun ano non se xustifica a residencia na Comunidade Autónoma galega, arquivarase o ofrecemento.
"Un xeito de facer Europa"